lunes, 23 de marzo de 2020

O conto "Gotiñas"

Esta iniciativa xorde da idea de crear un recurso no cal os/as nosos/as alumnos/as poidan formar parte mediante a súa creación. Co fin de tratar a importancia de non desperdiciar a auga decidimos elaborar un conto para crear conciencia no noso alumnado. 
Parks & Recreation Infographic de Clara Peña Pereira
Previamente faremos unha sesión na que preguntemos cales son as posibles medidas para aforrar auga coa finalidade de que os/as nenos/as comprendan a importancia desta na súas vidas cotiás e para obter uns mellores datos poderán realizar unha búsqueda por Internet/libros/revistas. 
Para realizar esta actividade na aula organizamos pequenos grupos para distribuir as diferentes tarefas. Procuraremos facer estes grupos adaptándonos aos gustos e capacidades de cada alumno/a. Por exemplo: un grupo será o encargado de debuxar, outro de pintar, recortar, facer as letras, realizar as fotografías, dirixir as secuencias, grabar os audios...
Pola complexidade que supón a edición dun audiovisual, nos como mestras ocuparémonos desta, seguindo as pautas anteriormente debatidas co grupo clase.




Creación do noso audiovisual

Tras moito cavilar en torno o tema e o contido do noso audiovidual, decidimos tratar a importancia da auga na nosa vida, e sobre todo no mantemento da nosa horta, a través dun conto en stopmotion.
O proceso de elaboración deste audiovisual distribuímolo en diferentes pasos:
  1. 💭Diseñamos e elaboramos todos os debuxos e elementos que precisaríamos para a representación do noso conto, empregando materiais reciclables. 
  2. 😉Tras a redacción da historia a tratar, organizamos como sería a elaboración das fotografías nas diferentes secuencias do audiovisual.
  3. 💬 Levamos a cabo a realización das fotografías e o guión do audio.
  4. 😍Elaboramos a montaxe e a edición do audiovisual mediante a aplicación Adove Spark. Para levar a cabo esta tivemos que engadir foto a foto, na orde xa establecida, e asinarlle a duración de cada unha delas para manter a súa dinamización. Posteriormente, centrámonos na portada e nos creditos do mesmo, así como, a incorporación do audio. Este ultimo gravouse na aplicación Hokusai 2.      
E unha vez feitos todos pasos estos obtivemos o noso video: Gotiñas: A supervivencia da nosa horta!

martes, 3 de marzo de 2020

Buscamos Recursos Novos


Buscamos una nova forma para aprender conceptos relacionados có noso proxecto e coas tecnoloxías. Recorremos a unha placa que nos recomendou a nosa profesora e grazas a este utensilio e unha aplicación chamada Scratch podemos levar a cabo un novo recurso que podemos utilizar no noso proxecto final.
Este recurso foi bastante sinxelo de levar a cabo xa que simplemente tivemos que por cada pinza da placa nunha das hortalizas e logo, no programa, xa anteriormente citado, creamos unhas gravacións coas palabras pataca, grelo, calabacín e cenoria. A cada gravación engadímoslle unha función para que finalmente cada vez que toquemos dita hortaliza reproduza o seu nome.
Pensamos nesta actividade para facilitarlle a aprendizaxe ao alumnado con discapacidade visual para que poidan aprender cos seus/súas compañeiros/as xa que decidimos que esta actividade realizariámola entre toda a clase a través de dous modelos diferentes. O primeiro sería darnos as mans entre todos/as os alumnos/as, xa que todos facemos de condutores, e que os/as nenos/as que posúan unha discapacidade visual sexan os/as que toquen cada hortaliza para intentar identificar cal é. Finalmente tocarían a hortaliza cando a primeiro compañeiro/a toque a pinza condutora para descubrir cal é o nome desta. O outro modelos de aprendizaxe que se nos ocorreu para levar a cabo é taparlle os ollos a todos os/as compañeiros/as para que realicen a actividade do mesmo xeito que as persoas con discapacidade visual, xa que desta forma aprenderán como se senten estas.


Póster

Como reflexión final da nosa busca, a pesar de que o noso proxecto foi plantexado de maneira transversal en torno a un tema común como é a horta, a busqueda xeral de recursos decidimos enfocala cara unha mesma materia, ciencias da natureza. Os recursos seleccionados destínanse cara distintos niveis de educación primaria, aínda que poden ser empregados para calquer tipo de alumnado como reforzo, avaliación inicial ou incluso como actividades complementarias para discentes con diversas capacidades.
Estes foron buscados en diferentes repositorios tales como Abalar, Fundación Eroski, Redu, páxinas de centros educativos, entre outros. En primeiro lugar, unha vez localizados levamos a cabo unha comparativa dos diferentes recursos existente, valorando o seus contidos, a súa organización e adapación ó noso proxecto. Posteriormente, escollemos os máis axeitados e agrupámolos de maneira conxunta.

Co obxectivo de proporcionar acceso aos recursos dixitais anteriomente buscados para a elaboración do noso proxecto Labranzas, eleboramos un póster dixital e interactivo en Genially xa que nos parecía o recurso máis idóneo para empregar na PDI.
Para a elaboración deste póster diferenciamos catro fases e contidos que se establecen durante o proceso de plantación duha horta. Desta maneira, clasificamos cada un dos recursos según as diferentes fases que observamos dentro do cultivo dunha planta: a sementación, a fotosíntese, a obtención do froito, e finalmente, a nosa alimentación e saúde.
Por outra parte, co fin de establecer un contexto visual e coherente introducimos unha nube de palabras en forma de sol, incorporando as dúas fontes de alimentación de calquera planta: a luz solar e os nutrientes e auga do solo.

Recursos

Tras facer unha longa pescuda nos diferentes repositorios didácticos e probar variedade de actividades, decidín decantarme por dous recursos diferentes aínda que ambos tratan unha temática semellante. Como o noso proxecto xira en torno a o proxecto dunha horta, as actividades nesta caso foron enfocadas cara unha parte fundamental no proceso de crecemento das prantas, elemento rincipal co que traballaremos neste proxecto.
Deste modo, unha das actividades escollidas foi unha infografía. Ferramenta que nos permite de forma visual recoller unha gran cantidade de información de maneira organizada e comprensible de maneira sinxela e a primeira vista. Neste caso a infografía recolle a alimentación das prantas e o proceso de respiración e fotosíntese. Os contidos son orientados cara o alumando de 6º de primaria, pois recolle información e termos complexos que poden dificultar a comprensión dos contidos en alumnado máis pequeno. 
Por outra banda, a segunda ferramenta é un un xogo intercativo. O tema a traballar son as partes das flores, fundamentais para a reproducción das prantas e para a obtención de moitos dos froitos que se extraerán da nosa horta. Esta ferramenta permite que o alumnado poda, de unha maneira divertida, coñecer as partes dunha flor e obter información específica de cada unhas das partes. O punto forte desta actividade é que os contidos e bocabulario transmítense en inglés. Deste modo traballamos dúas áreas diferentes á vez, ademáis de potenciar o traballo de esta lingua de maneira amena, pois son moitos/as os/as nenos/as que teñen dificultades ou incluso rexeitamento cara esta materia. Este xogo interactivo pertencía ao banco de recursos do repertorio de Canarias, onde se poden atopar gran cantidade de recursos de temáticas variadas e adaptadas as necesidades dos diferentes cursos de primaria e secundaria.

Recursos

Tras unha longa búsqueda co fin de obter uns recursos que mellor se aderiran ós contidos tratados no noso proxecto de Labranzas, acabei seleccionando un video educativo e un xogo dixital.
En primeiro lugar, o video educativo é unha ferramenta sinxela que favorece a construcción dun coñecemento significativo, xa que a partir do seu potencial comunicativo das imaxes, os sons e as palabras, permite transmitir unha serie de coñecementos de maneira estimulante e atractiva ao alumnado.
Desta maneira, co obxectivo de abordar un dos procesos máis importantes para entender como se consegue o cultivo dunha horta, decidín empregar un video educativo que explicara, de maneira sinxela e visual, o proceso de alimentación e crecemento das plantas, é dicir, a fotosíntese.



E en segundo lugar, o xogo dixital consiste nunha ferramenta didáctica que permite adquirir diferentes competencias curriculares, potenciar actitudes baixo normas e regras específicas e sobre todo proporcionar unha experiencia vital de aprendizaxe ó alumnado a partir das novas tecnoloxías.
Seguindo esta idea, seleccionei un xogo dixital do proxecto abalar. Con este se traballaría a última fase da elaboración dunha horta, tanto a alimentación como os hábitos saúdables

Recursos

Centrándonos no noso proxecto chamado Labranzas tiven que buscar recursos educativos que podería utilizar na miña aula para explicar o tema da horta. Despois dunha longa lista de recursos relacionados con dito tema escollín dous que me pareceron moi divertidos e que me resultaron interesantes para chamar a atención dos/as alumnos/as da miña clase.
O primeiro recurso polo que me decatei foi un vídeo no cal unha adulta explícalle, en directo, ao/ás nenos/as como debemos facer para plantar as nosas propias hortalizas. Nel vaille explicando a estes como deben ir facendo, paso a paso e finalmente explica dun xeito moi sinxelo cales son os coidados que deben recibir as plantas para que produzas os alimentos desexados. A continuación deixo o video para que poidades consultado e utilizalo!

O segundo recurso que me chamou moito a atención foi un bingo. Sí! Un bingo! Penso que así conseguiría acadar a atención de todo o alumnado. Consiste en elaborar un bingo có nome de todas as hortalizas que estemos explicando na clase de Naturais, por exemplo, e deste xeito resultaralles moito máis doado recordar todos os nomes das hortalizas que están estudando. Algo que me pareceu moi importante neste recurso é que tamén o podemos realizar en inglés, xa que se falamos coa mestra que imparta esta materia, conseguiríamos que a aprendizaxe destes/as nenos/as estivera moito máis reforzado e non menos importante, deste xeito, podería aprender novo vocabulario na lingua estranxeiro e novamente dun xeito máis agradable.
Investiga unha plantilla

domingo, 1 de marzo de 2020

Benvid@s!

Hola a tadas y todos! Antes de que empeceis a investigar en este blog, nos gustaría presentarnos. Somos Nuria, Laura y Clara; tres estudiantes de Educación Primaria en la Universidad de Vigo y creadoras de este blog!
Seguramente os preguntareis que contiene este espacio... pues bien, este blog ha sido creado para compartir, con todo aquel que quiera, nuestras experiencias en la materia de Nuevas Tecnologías. Esto no solo abarca nuestra opinión sobre lo que trabajemos en el aula, además servirá como fuente de ideas y herramientas para trabajar en los coles, escribiremos sobre los resultados de aquellas actividades que probemos en clase y sus posibles aplicaciones en el aula, la presentación de algunos recursos TIC útiles; y por último, pero no menos importante,  presentaros nuestro proyecto Labranzas y su proceso de creación.
Si quereis saber más estáis invitados a adentraros en nuestro blog y leernos. Ah! Se nos olvidaba mencionar que tenéis un espacio donde podeis escribir vuestras ideas, compartir recursos y darnos vuestra opinión sobre este blog y contribuir a su mejora.
Estamos encantadas de teneros aquí, disfrutad de Educación sin límites!