martes, 3 de marzo de 2020

Recursos

Centrándonos no noso proxecto chamado Labranzas tiven que buscar recursos educativos que podería utilizar na miña aula para explicar o tema da horta. Despois dunha longa lista de recursos relacionados con dito tema escollín dous que me pareceron moi divertidos e que me resultaron interesantes para chamar a atención dos/as alumnos/as da miña clase.
O primeiro recurso polo que me decatei foi un vídeo no cal unha adulta explícalle, en directo, ao/ás nenos/as como debemos facer para plantar as nosas propias hortalizas. Nel vaille explicando a estes como deben ir facendo, paso a paso e finalmente explica dun xeito moi sinxelo cales son os coidados que deben recibir as plantas para que produzas os alimentos desexados. A continuación deixo o video para que poidades consultado e utilizalo!

O segundo recurso que me chamou moito a atención foi un bingo. Sí! Un bingo! Penso que así conseguiría acadar a atención de todo o alumnado. Consiste en elaborar un bingo có nome de todas as hortalizas que estemos explicando na clase de Naturais, por exemplo, e deste xeito resultaralles moito máis doado recordar todos os nomes das hortalizas que están estudando. Algo que me pareceu moi importante neste recurso é que tamén o podemos realizar en inglés, xa que se falamos coa mestra que imparta esta materia, conseguiríamos que a aprendizaxe destes/as nenos/as estivera moito máis reforzado e non menos importante, deste xeito, podería aprender novo vocabulario na lingua estranxeiro e novamente dun xeito máis agradable.
Investiga unha plantilla

No hay comentarios:

Publicar un comentario