lunes, 23 de marzo de 2020

Creación do noso audiovisual

Tras moito cavilar en torno o tema e o contido do noso audiovidual, decidimos tratar a importancia da auga na nosa vida, e sobre todo no mantemento da nosa horta, a través dun conto en stopmotion.
O proceso de elaboración deste audiovisual distribuímolo en diferentes pasos:
  1. 💭Diseñamos e elaboramos todos os debuxos e elementos que precisaríamos para a representación do noso conto, empregando materiais reciclables. 
  2. 😉Tras a redacción da historia a tratar, organizamos como sería a elaboración das fotografías nas diferentes secuencias do audiovisual.
  3. 💬 Levamos a cabo a realización das fotografías e o guión do audio.
  4. 😍Elaboramos a montaxe e a edición do audiovisual mediante a aplicación Adove Spark. Para levar a cabo esta tivemos que engadir foto a foto, na orde xa establecida, e asinarlle a duración de cada unha delas para manter a súa dinamización. Posteriormente, centrámonos na portada e nos creditos do mesmo, así como, a incorporación do audio. Este ultimo gravouse na aplicación Hokusai 2.      
E unha vez feitos todos pasos estos obtivemos o noso video: Gotiñas: A supervivencia da nosa horta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario