martes, 3 de marzo de 2020

Recursos

Tras facer unha longa pescuda nos diferentes repositorios didácticos e probar variedade de actividades, decidín decantarme por dous recursos diferentes aínda que ambos tratan unha temática semellante. Como o noso proxecto xira en torno a o proxecto dunha horta, as actividades nesta caso foron enfocadas cara unha parte fundamental no proceso de crecemento das prantas, elemento rincipal co que traballaremos neste proxecto.
Deste modo, unha das actividades escollidas foi unha infografía. Ferramenta que nos permite de forma visual recoller unha gran cantidade de información de maneira organizada e comprensible de maneira sinxela e a primeira vista. Neste caso a infografía recolle a alimentación das prantas e o proceso de respiración e fotosíntese. Os contidos son orientados cara o alumando de 6º de primaria, pois recolle información e termos complexos que poden dificultar a comprensión dos contidos en alumnado máis pequeno. 
Por outra banda, a segunda ferramenta é un un xogo intercativo. O tema a traballar son as partes das flores, fundamentais para a reproducción das prantas e para a obtención de moitos dos froitos que se extraerán da nosa horta. Esta ferramenta permite que o alumnado poda, de unha maneira divertida, coñecer as partes dunha flor e obter información específica de cada unhas das partes. O punto forte desta actividade é que os contidos e bocabulario transmítense en inglés. Deste modo traballamos dúas áreas diferentes á vez, ademáis de potenciar o traballo de esta lingua de maneira amena, pois son moitos/as os/as nenos/as que teñen dificultades ou incluso rexeitamento cara esta materia. Este xogo interactivo pertencía ao banco de recursos do repertorio de Canarias, onde se poden atopar gran cantidade de recursos de temáticas variadas e adaptadas as necesidades dos diferentes cursos de primaria e secundaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario