Dende un principio, esta materia percibina como unha posibilidade para indagar nesa esperada e necesaria innovación dentro do ámbito educativo, xa que entendía que as TIC podían ser unha ferramenta con múltiples posibilidades para alcanzar esta. Aínda así, teño que recoñecer que os meus coñecementos e destrezas nas novas tecnoloxías non eran moi amplas, e unicamente eran froito de pequenas experiencias durante a miña escolarización, nun centro escolar que incluira o Proxecto Abalar, ou a partir de actividades esporádicas que realizabamos con axuda das TIC.
Posteriormente, tras un longo percorrido neste cuatrimestre nas clases, tanto teóricas como prácticas, dentro da materia de Novas Tecnoloxías da Educación, puiden confirmar con certeza a miña hipótese. O feito é que tiven a oportunidade de aprender todo tipo de coñecementos dende como se está levando a cabo integración destas nos centros educativos actuais, ata unha gran cantidade de recursos e metodoloxías que dalgunha maneira me permitirán mellorar a miña profesionalidade como futura docente.
Segundo os diferentes contidos e recursos traballados, aqueles que máis me sorprenderon e recibín con gran cursiosidade son os que teñen como obxectivo principal a atención a diversidade e a inclusión educativa. Dende o meu punto de vista, este un dos factores máis importantes para acadar a calidade educativa, e se ademais todo isto se pode alcanzar cun soporte co que se incentiva o interese, a motivación e a autonomía do alumnado, a súa integración educativa debería ser indudable.
Para alcanzar esta pretensión soamente precisaremos de docentes e docentas que complementen a súas aspiracións cunha formación continua e fundamentada, polo que espero que estes rasgos poidan definirme nun futuro non moi lonxe como futura mestra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario