Buscamos
una nova forma para aprender conceptos relacionados có noso proxecto e coas
tecnoloxías. Recorremos a unha placa que nos recomendou a nosa profesora e grazas
a este utensilio e unha aplicación chamada Scratch podemos levar a cabo un novo
recurso que podemos utilizar no noso proxecto final.
Este
recurso foi bastante sinxelo de levar a cabo xa que simplemente tivemos que por
cada pinza da placa nunha das hortalizas e logo, no programa, xa anteriormente
citado, creamos unhas gravacións coas palabras pataca, grelo, calabacín e cenoria.
A cada gravación engadímoslle unha función para que finalmente cada vez que
toquemos dita hortaliza reproduza o seu nome.
Pensamos
nesta actividade para facilitarlle a aprendizaxe ao alumnado con discapacidade
visual para que poidan aprender cos seus/súas compañeiros/as xa que decidimos
que esta actividade realizariámola entre toda a clase a través de dous modelos
diferentes. O primeiro sería darnos as mans entre todos/as os alumnos/as, xa
que todos facemos de condutores, e que os/as nenos/as que posúan unha discapacidade
visual sexan os/as que toquen cada hortaliza para intentar identificar cal é. Finalmente
tocarían a hortaliza cando a primeiro compañeiro/a toque a pinza condutora para
descubrir cal é o nome desta. O outro modelos de aprendizaxe que se nos ocorreu
para levar a cabo é taparlle os ollos a todos os/as compañeiros/as para que
realicen a actividade do mesmo xeito que as persoas con discapacidade visual, xa
que desta forma aprenderán como se senten estas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario