viernes, 15 de mayo de 2020

Reflexión final sobre a asignatura de novas tecnoloxías

Dende un principio, esta materia percibina como unha posibilidade para indagar nesa esperada e necesaria innovación dentro do ámbito educativo, xa que entendía que as TIC podían ser unha ferramenta con múltiples posibilidades para alcanzar esta. Aínda así, teño que recoñecer que os meus coñecementos e destrezas nas novas tecnoloxías non eran moi amplas, e unicamente eran froito de pequenas experiencias durante a miña escolarización, nun centro escolar que incluira o Proxecto Abalar, ou a partir de actividades esporádicas que realizabamos con axuda das TIC.

Posteriormente, tras un longo percorrido neste cuatrimestre nas clases, tanto teóricas como prácticas,  dentro da materia de Novas Tecnoloxías da Educación, puiden confirmar con certeza a miña hipótese. O feito é que tiven a oportunidade de aprender todo tipo de coñecementos dende como se está levando a cabo integración destas nos centros educativos actuais, ata unha gran cantidade de recursos e metodoloxías que dalgunha maneira me permitirán mellorar a miña profesionalidade como futura docente. 

Segundo os diferentes contidos e recursos traballados, aqueles que máis me sorprenderon e recibín con gran cursiosidade son os que teñen como obxectivo principal a atención a diversidade e a inclusión educativa. Dende o meu punto de vista, este un dos factores máis importantes para acadar a calidade educativa, e se ademais todo isto se pode alcanzar cun soporte co que se incentiva o interese, a motivación e a autonomía do alumnado, a súa integración educativa debería ser indudable.
Para alcanzar esta pretensión soamente precisaremos de docentes e docentas que complementen a súas aspiracións cunha formación continua e fundamentada, polo que espero que estes rasgos poidan definirme nun futuro non moi lonxe como futura mestra.

Reflexión final sobre a asignatura de novas tecnoloxías

Ao comezo do cuatrimestre fixen unha reflexión sobre as novas tecnoloxías no día a día. O certo é que non son unha persoa que está moi familiarizada con este avance, pero na materia de Novas Tecnoloxías da Educación poiden ver moitas das virtudes que estas nos poden chegar a  proporcionan.

Ao comezo da asignatura, tanto eu coma as integrantes do meu grupo, estábamos un pouco perdidas cada vez que comezábamos unha actividade nova, xa que custábanos moito escoller un tema que estivera relacionado co noso proxecto Labranzas. Có pasos das semanas, collemos un ritmo máis favorable e conseguíamos centrar as nosas actividades dun xeito máis rápido.

Por otra banda, comentar que todas as tarefas propostas nas prácticas desta materia resultáronme moi novidosas e a súa vez gustábame aprender máis sobre as posibles alternativas que podíamos empregar, xa que o propósito que tiñavamos como grupo, era acadar o maior número de coñecementos para poder realizar unhas propostas completas e útiles como se fora para os/as nosos/as fututos/as alumnos/as.

Grazas a que escollemos un proxecto que me encantou, puden ir collendolle un pouco máis de cariño a esta materia, xa que non tiña moitas esperanza con ela. A verdade, é que me parece que escollemos un tema precios e importante para tratar cós/cás nenos/as. É máis! Penso que algúns dos materiais que empregamos e elaboramos para levar a cabo un "simple proxecto" dun traballo da universidade, poderemos empregalos nun futuro nas nosas aulas, a pesar de que posiblemente necesiten algúns retoques.

Unha vez rematada a materia, debo dicir que me sinto orgullosa de todo o que aprendemos, xa que atopamos moitísimas ferramentas e recursos que poderemos utilizar nun futuro nas nosas aulas. Deste xeito, poderemos adaptarnos as necesidades que todos/as os/as alumnos/as presentan, para facilitarlles a súa aprendizaxe.

Finalmente, contarvos que grazas a labor dos/as meus/miñas mestres/as poiden decatarme do importante papel que as novas tecnoloxías teñen dentro das aulas. Por elo, teño pensado continuar formándome moito máis neste aspecto, xa que considero que todos/as debemos loitar para modificar o que é unha "aula tradicional" para así poder mellorar o ensino-aprendizaxe dos/as nosos/as alumnos/as. 

jueves, 14 de mayo de 2020

Reflexión final sobre a asignatura de Novas Tecnoloxías

Ao inicio deste cuatrimestre comecei esta materia con un pouco de indiferencia. Xa na primeira entrada mencionaba que as novas tecnoloxías non eran o meu forte e que nunca habían chamado a miña atención mais aló do seu uso habitual nos teléfonos móviles e redes sociais. Teño que decir que na miña formación anterior nun ciclo superior xa traballara algo con algunhas das ferramentas que emregamos neste curso, pero tamén coñecín moitas outras novas.
Cando acudo a clase sempre fago balance da relevancia que penso que teñen estas materias para a miña formación e futura profesión, e para elo baséome en se lles encontro utilidade coas nenas as  que lles dou clase: se me ensina algo novo sobre elas e o seu desenvolvemento, se resolvo cuestións que me surxiron no seu momento e das que non atopei solución ou se me aportan algo para ser unha mellor versión de pre-docente ou "versión beta" da mesma, que me permita favorecer a súa aprendizaxe. Finalmente, podo dicir que esta materia superou as miñas espectativas, especialmente na parte máis práctica. 
Aínda que nun primeiro momento me mostraba pouco receptiva a implicarme de cheo con esta meteria, as propostas das docentes e o noso pequeno proxecto Labranzas fóronme gañando e enganchando na materia. Tanto as miñas compañeiras coma eu adicamos moito tempo e quebradeiros de cabeza para conseguir acadar os mellores resultados en cada unha das partes que fomos elaborando, co obxectivo de facer os mellores recursos posibles, facéndoos atractivos e funcionais. Finalmente abandonamos esta materia con moitos máis coñecementos e soltura coas tecnoloxías, ademais de moitas ideas que empregar nun futuro como futuras docentes, que estou segura que acabaremos sendo.
En conclusión, esta materia cambiou un pouco o meu parecer. Con ela fun que de abrir un pouco as miñas miras, e agora sei valorar as posibilidades que temos a nosa alcance co uso das TIC para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe e as vantaxes que posúen para facer crecer a toda a variedade de alumnado que pasan polas aulas; posibilidades que de maneira manual non poderíamos chegar a alcanzar nunca. Polo tanto, deixo esta materia vendo as TIC como enriquecedoras, potenciadoras, moldeables e atractivas para o nosa labor, e sobre todo para aqueles e aquelas cos que traballamos.

domingo, 10 de mayo de 2020

O noso proxecto final: ELA

Para por fin a este proxecto, decidimos crear un e-Book que nos permitise integrar de maneira sinxela e operativa todas as actividades e recursos que fumos creando ao longo deste cuatrimestre no noso proxecto Labranzas.
Queríamos crear un formato que ademáis de funcional fose atractivo para o noso alumnado, unha opción a que lles apetecese recurrir, non so para formarse senon tamén para entreterse. Por iso, xuntámonos para crear un conto no que o tema principal seguise sendo a terra e os seus beneficios, como coidala e mantela, así como a horta es as prantas que crecen nela.
Queríamolo facer divertido polo que demos voz a unha persoaxe algo diferente, de feito, poderíamos decir que é de outro planeta. Esta é unha extraterrestre que un día, dando un paseo coa súa nave acábase estrelando en Galicia. Ante a imposibilidade do seu regreso a casa, a Terra e os seus habitantes axudarana a poder sobrevivir e crear un novo fogar.
A medida que trascorren os feitos, integramos os recursos que fumos creando; dándolle un sentido e unha función na historia, que ao igual que pasa con eles e elas na clase, axudan a esta extraterrestre a aumentar os seus coñecementos sobre cómo coidar a terra, crear unha horta e obter benenficios dela; pero que transversalmente tamén traballase contidos sobre valores, linguas, matemáticas, ciencias sociais e naturais... 
Para isto presentamos a un persoaxe que serve como guía e formador da nosa persoaxe principal, Xian. Este é un neno galego, de idade descoñecida, para que o alumnado poida identificarse con el con unha maior facilidade independentemente do curso no que se atope. Xian será o encargado de axudar a esta extraterrestre na aventura e presentarlle as ferramentas para mellorar a súa labor; que coa axuda do/a lector/a na realización dos recursos, conducirán a Kirikminkonst a conseguir un final feliz na Terra.
Para a creación deste recurso empregamos a plataforma Canva. Escollimos esta xa que todas as integrantes temos coñecementos e soltura para facer creacións nela. Ademais é gratuíta e conta cun banco de elementos libres moi útiles. Tamén debemos mencionar a Flaticon, a nosa base de datos de iconos favorita para completar a proposta por Canva; a cal conta con unha gran cantidade de iconos libres que nos axudaron a mellorar a nosa proposta estética.
Con todo isto, esperamos que vos guste ELA, o resultado do noso proxecto final!

aperitivo de Clara Peña Pereira

martes, 28 de abril de 2020

A nosa webquest

Neste caso presentámosvos unha nova iniciativa dentro do noso proxecto: "Salvando o pedido de Mónica"!
Esta consiste nunha webquest, un modelo didáctico baseado na investigación guiada con recursos da rede. No noso caso esta desenvolve unha pequena historia na que unha vecida chamada Mónica pide axuda ó alumnado de 5º de Primaria.
A nosa intención é tratar diferentes contidos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais dun xeito atractivo e ameno para os/as nenos e nenas. Concretamente, traballaremos o proceso de transformación da materia prima ó producto elaborado. Para isto, primeiro establécense unha serie de roles para abarcar cada unha das partes de este proceso e que nos permitirá valorar cal é o nivel de traballo individual de cada alumno/a.
Posteriormente, se plantexa a elaboración dun producto final de maneira cooperativa e integrando a análise e o traballo de todos os compoñentes do grupo. Esta actividade final presentarase ó resto de compañeiros/as a través dunha exposición oral. Con esta parte, analizaremos as habilidades sociais e as estratexias para o traballo en grupo.
Para levar a cabo a nosa proposta formamos grupos heteroxéneos de cinco persoas. Cada integrante encargarase dun rol, agás no rol elaborador que será desenvolto por dous compoñentes. Esta decisión foi tomada xa que este apartado contaba cunha extensión superior ó resto e ademais consideramos que podería ser constructivo xuntar alumnos/as de diferentes niveis para que se complementen e axuden entre eles/as.
(Presiona na imaxe para acceder directamente a nosa webquest)

lunes, 6 de abril de 2020

O noso libro Labranzas

O noso libro Labranzas consiste nunha composición de microhistorias, nas que os nosos personaxes se lles presentan unha serie de problemas, os cales están na nosa man solucionalos a través das actividades multimedia interactivas. Cada unha delas abranguen diferentes materias tales como matemáticas, lingua castelá, lingua galega, francés, inglés e ciencias da natureza. Ademais, con elas, reforzaremos diferentes contidos xa tratados anteriormente na clase, así como, analizaremos a súa capacidade para lavalos a cabo na práctica coa construcción da nosa propia horta.
Polygon Party (Autograph) de Clara Peña Pereira

Ferramentas para a creación dun libro dixital e interactivo

Para a realización do noso libro dixital Labranzas empregamos como soporte a plataforma Canva. Nesta levamos a cabo o seu deseño a través de imaxes de uso libre extraídas tanto da propia plataforma como de Flaticon, así como, a súa redacción entorno as actividades multimedia interactivas creadas.
Estas actividades, co obxectivo de elaboralas nas diferentes formas e maneiras que fosen máis óptimas para obter os mellores resultados, escollemos as ferramentas máis operativas para elo.
Por un lado, empregamos Educaplay para a realización de actividades de relacionar, emparellar, completar, cun formato de tipo test, mapa interactivo, entre outras. Especificamente, escollemos esta ferramenta xa que nos permitía o deseño dunha gran cantidade de actividades, a creación destas dun xeito simple e intuitivo, ademáis de permitirnos incorporar audio e imaxes para facelas máis creativas.
Por outra parte, utilizamos Kubbu, que é unha ferramenta semellante a anterior coa cal creamos un exercicio de clasificar, xa que a aplicación anterior non contaba con esta opción. A súa vez, esta tamén permitía realizar unha ampla variedade de actividades cunha fácil descarga, mais non resultaba tan visual o seu emprego xunto co seu acceso, precisando de adobe flash player para comezar.
Finalmente, para a elaboración de encrucillados empregamos Crossword Labs o cal é un creador específico para este tipo de actividades. Destacando que a súa utilización é sinxela e permite deseñar con diferentes formatos.