martes, 3 de marzo de 2020

Póster

Como reflexión final da nosa busca, a pesar de que o noso proxecto foi plantexado de maneira transversal en torno a un tema común como é a horta, a busqueda xeral de recursos decidimos enfocala cara unha mesma materia, ciencias da natureza. Os recursos seleccionados destínanse cara distintos niveis de educación primaria, aínda que poden ser empregados para calquer tipo de alumnado como reforzo, avaliación inicial ou incluso como actividades complementarias para discentes con diversas capacidades.
Estes foron buscados en diferentes repositorios tales como Abalar, Fundación Eroski, Redu, páxinas de centros educativos, entre outros. En primeiro lugar, unha vez localizados levamos a cabo unha comparativa dos diferentes recursos existente, valorando o seus contidos, a súa organización e adapación ó noso proxecto. Posteriormente, escollemos os máis axeitados e agrupámolos de maneira conxunta.

Co obxectivo de proporcionar acceso aos recursos dixitais anteriomente buscados para a elaboración do noso proxecto Labranzas, eleboramos un póster dixital e interactivo en Genially xa que nos parecía o recurso máis idóneo para empregar na PDI.
Para a elaboración deste póster diferenciamos catro fases e contidos que se establecen durante o proceso de plantación duha horta. Desta maneira, clasificamos cada un dos recursos según as diferentes fases que observamos dentro do cultivo dunha planta: a sementación, a fotosíntese, a obtención do froito, e finalmente, a nosa alimentación e saúde.
Por outra parte, co fin de establecer un contexto visual e coherente introducimos unha nube de palabras en forma de sol, incorporando as dúas fontes de alimentación de calquera planta: a luz solar e os nutrientes e auga do solo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario