Tras unha longa búsqueda co fin de obter uns recursos que mellor se aderiran ós contidos tratados no noso proxecto de Labranzas, acabei seleccionando un video educativo e un xogo dixital.
En primeiro lugar, o video educativo é unha ferramenta sinxela que favorece a construcción dun coñecemento significativo, xa que a partir do seu potencial comunicativo das imaxes, os sons e as palabras, permite transmitir unha serie de coñecementos de maneira estimulante e atractiva ao alumnado.
Desta maneira, co obxectivo de abordar un dos procesos máis importantes para entender como se consegue o cultivo dunha horta, decidín empregar un video educativo que explicara, de maneira sinxela e visual, o proceso de alimentación e crecemento das plantas, é dicir, a fotosíntese.
E en segundo lugar, o xogo dixital consiste nunha ferramenta didáctica que permite adquirir diferentes competencias curriculares, potenciar actitudes baixo normas e regras específicas e sobre todo proporcionar unha experiencia vital de aprendizaxe ó alumnado a partir das novas tecnoloxías.
Seguindo esta idea, seleccionei un xogo dixital do proxecto abalar. Con este se traballaría a última fase da elaboración dunha horta, tanto a alimentación como os hábitos saúdables
No hay comentarios:
Publicar un comentario