lunes, 23 de marzo de 2020

O conto "Gotiñas"

Esta iniciativa xorde da idea de crear un recurso no cal os/as nosos/as alumnos/as poidan formar parte mediante a súa creación. Co fin de tratar a importancia de non desperdiciar a auga decidimos elaborar un conto para crear conciencia no noso alumnado. 
Parks & Recreation Infographic de Clara Peña Pereira
Previamente faremos unha sesión na que preguntemos cales son as posibles medidas para aforrar auga coa finalidade de que os/as nenos/as comprendan a importancia desta na súas vidas cotiás e para obter uns mellores datos poderán realizar unha búsqueda por Internet/libros/revistas. 
Para realizar esta actividade na aula organizamos pequenos grupos para distribuir as diferentes tarefas. Procuraremos facer estes grupos adaptándonos aos gustos e capacidades de cada alumno/a. Por exemplo: un grupo será o encargado de debuxar, outro de pintar, recortar, facer as letras, realizar as fotografías, dirixir as secuencias, grabar os audios...
Pola complexidade que supón a edición dun audiovisual, nos como mestras ocuparémonos desta, seguindo as pautas anteriormente debatidas co grupo clase.




No hay comentarios:

Publicar un comentario