Cando acudo a clase sempre fago balance da relevancia que penso que teñen estas materias para a miña formación e futura profesión, e para elo baséome en se lles encontro utilidade coas nenas as que lles dou clase: se me ensina algo novo sobre elas e o seu desenvolvemento, se resolvo cuestións que me surxiron no seu momento e das que non atopei solución ou se me aportan algo para ser unha mellor versión de pre-docente ou "versión beta" da mesma, que me permita favorecer a súa aprendizaxe. Finalmente, podo dicir que esta materia superou as miñas espectativas, especialmente na parte máis práctica.
Aínda que nun primeiro momento me mostraba pouco receptiva a implicarme de cheo con esta meteria, as propostas das docentes e o noso pequeno proxecto Labranzas fóronme gañando e enganchando na materia. Tanto as miñas compañeiras coma eu adicamos moito tempo e quebradeiros de cabeza para conseguir acadar os mellores resultados en cada unha das partes que fomos elaborando, co obxectivo de facer os mellores recursos posibles, facéndoos atractivos e funcionais. Finalmente abandonamos esta materia con moitos máis coñecementos e soltura coas tecnoloxías, ademais de moitas ideas que empregar nun futuro como futuras docentes, que estou segura que acabaremos sendo.
En conclusión, esta materia cambiou un pouco o meu parecer. Con ela fun que de abrir un pouco as miñas miras, e agora sei valorar as posibilidades que temos a nosa alcance co uso das TIC para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe e as vantaxes que posúen para facer crecer a toda a variedade de alumnado que pasan polas aulas; posibilidades que de maneira manual non poderíamos chegar a alcanzar nunca. Polo tanto, deixo esta materia vendo as TIC como enriquecedoras, potenciadoras, moldeables e atractivas para o nosa labor, e sobre todo para aqueles e aquelas cos que traballamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario